Os Herdeiros comezan a liga con vitoria contundente en Vigo

(Estibadores 14-50 Herdeiros)
Redacción
octubre 20, 2021

Vitoria cómoda por 14-50 de Herdeiros F.G contra o Filial do Keltoi (Keltoi Estibadores) en Vigo.

O partido comezou máis igualado do que reflicte o marcador, pero co paso dos minutos Herdeiros foi mellorando a súa colocación no campo e impedindo o xogo local ao tempo que melloraba en ataque cun magnífico Santi na dianteira.

Na segunda metade e cun marcador xa moi favorable os de Lalín aproveitaron para facer probaturas e darlle minutos aos recén chegados a este deporte que demostraron un moi bo nivel.

O xogo vertical e a colocación de dous dianteiros seguiu aumentando o marcador ata o resultado final.Herdeiros colócase líder do grupo 2 no que foi inscrito por non participar na pasada liga.

Novas relacionadas