O Samaritano de Laro segue a organizar iniciativas de corte solidario.
Trátase dunha recollida de alimentos para as merendas dos nenos e as nenas a favor da Asociación Carabelo. É unha entidade que, como o propio José García explica, “dedícase a darlles clases particulares, explicarlle os deberes e a preparar exames e despois dálle a merenda aos rapaces e rapazas sen recursos de Lalín”. Por iso necesita “da nosa solidariedade de todos e todas para que continue coa sua gran labor social”.
A recollida terá lugar o vindeiro 5 de marzo no Centro Comercial Pontiñas Gadis, en Lalín, en horario de de 9.30 a 20.00 horas.