O Colexio Scientia Lalín realizou un pequeno desfile como aliciente para que os alumnos gozasen e entendesen a tradición do Entroido, que ao final “é unha das manifestacións vivas máis emblemáticas do noso territorio”.
Este ano rendéronlle homenaxe a unha figura propia da comarca, como son os porcos, e déronlle un toque propio no concepto e mesmo na máscara, xa que non quixeron deixar de lado a creatividade.
Os traxes son de elaboración propia, feitos de materiais reciclables polo alumnado e as mestras de primaria baixo a coordinación da profesora de plástica, Paula Iglesias.
As máscaras levaron bastante traballo e os rapaces tiveron que organizarse durante varias semanas para poder rematar a tempo cadanseu disfrace; “un traballo que paga a pena o día do desfile”.