O Rali do Cocido empeza a quentar motores

A proba regresa dous anos despois para celebrar a súa edición número 25.
César Carracedo
octubre 10, 2021

Presentouse a edición número 25 do Rali do Cocido, organizado pola Escudería Lalín-Deza e que conta como principal patrocinador a Staroil.

A mítica proba automobilística dezá regresa os vindeiros venres e sábado, días 15 e 16 de outubro, para conmemorar o seu primeiro cuarto de século.

Faino formando parte da Copa de España de Ralis de Asfalto. Pero, sobre todo, faino co gran logro de conservar todo o seu potencial e todo o seu atractivo para os amantes do mundo do motor.

Algo que ten máis mérito despois do parón do ano pasado por mor da pandemia. Tendo en conta esa paréntese obrigada, o Rali do Cocido xa levaba máis de dous anos sen celebrarse. De feito, a súa última edición desputada foi os 21 e 22 de xuño de 2019.

Polo de agora van uns 60 inscritos para o rali, á espera de que se poidan confirmar máis participantes a vindeira semana, xa que a ata o luns non pecha o prazo. A proba contará cun total de 126 quilómetros puntuables.

Novas relacionadas