O PSOE pregunta polas achegas do Concello de Lalín ao Plan de Xestión das Fragas de Catasós

Solicitan a comparecencia plenaria do concelleiro de Medio Ambiente.
Redacción
octubre 16, 2021

O Grupo Municipal do PSOE de Lalín quere saber que opina o goberno sobre o Plan de Xestión que propón a consellería para a Fraga de Catasós.

Entre outras cuestións pregunta se está conforme coa súa actual redacción, se presentou algún tipo de suxestión ou proposta no período de exposición pública (ou se vai a presentala nalgunha fase posterior do proceso) e nese caso que solicita que a explique.

▪️Ao mesmo tempo, os socialistas queren saber no caso de que non se presentasen os motivos por non o fixo, e finalmente que se dea conta de se por parte do goberno local se lle encargou algún tipo de informe ao departamento de medio ambiente sobre o Plan de Xestión, ou se dito departamento se pronunciou dalgún xeito sobre dito Plan.

Porén, solicitan a comparecencia plenaria do concelleiro de Medio Ambiente e/ou da Alcaldía para dar explicacións sobre as mencionadas cuestións e contestar ás preguntas sobre o tema que se formulen ó longo da comparecencia.

Novas relacionadas