O PSOE de Rodeiro alerta do caos que se aveciña coa obra da rúa Aviador Gumersindo Areán

Pide un cambio urxente do proxecto
Redacción
febrero 17, 2023

“De caos en caos”. Así é, segundo o PSOE local, como se está xestionando o Concello de Rodeiro.

Ademais do “desastre no eido económico”, agora alertan de que “o problema vén da man dunha das obras estrela dos últimos tempos; a remodelación da rúa AviadorGumersindo Areán“.

Tal e como denuncia o PSOE de Rodeiro, trátase dun proxecto “necesario e fundamental para humanizar o centro urbano da vila que, sen embargo, tal e como se está executando vai derivar nun auténtico caos de tráfico”.

Desta volta, o problema vén dado porque a rúa está previsto que quede cunha única dirección para o tráfico. A elixida é a dirección Río, é dicir, os coches poderán acceder á Gumersindo Areán dende a rotonda da estrada principal de Rodeiro, pero non ao revés, dende a Torrevella ata o centro do pobo. “¿Que suporá iso? Que todo o tráfico pesado que veña pola estrada de Río, dende tractores e demáismaquinaria agrícola ata camións e trailérs, terán que ir saír obrigatoriamenteao cruce da casa consistorial, é dicir, á beira do bar Estraloxo“.

Preguntan se o goberno local é consciente o goberno local desta circunstancia e como pensa que vai poder xirar o tráfico pesado en dirección Chantada en plena estrada xeral?

O secretario xeral local dos socialistas de Rodeiro, José Luis Camiñas, sinala: “Imos de caos en caos. Non hai anticipación nin previsión ante problemascomo este do tráfico pesado, que son fundamentais. Ao PSOE parécelle imprescindible, urxente e necesario que se invista no casco urbano, no núcleo que cohesiona o noso concello e é un motor de servizos e emprego no pequeno comercio, pero as obras teñen que mellorar a vida dos cidadáns, non empeorala”.

A ese respecto, Camiñas sinala que o problema co tráfico pesado “non só supón un prexuízo insalvable para o tráfico, senón tamén para os propios veciños da vila, que van atoparse con camións e tráilers atravesados no cruce do Estraloxo a cada paso”.

As obras feitas cos cartos dos cidadáns, engade Camiñas,”teñen que ser unha oportunidade para mellorar a vida dos veciños. Pero o goberno local deRodeiro ten o dubidoso mérito de convertelas nun problema para oscidadáns“.

De aí que o PSOE inste a cambiar xa o proxecto e lle recorde ao executivo local que lle tenderon a man para facer un goberno de concentración ate as eleccións que poña freo ao caos no que Rodeiro está instalado.

O PSOE de Rodeiro lembra que a obra da rúa Aviador Gumersindo Areán conta con orzamento salientable, de 449.671 euros, dos que 404.794 proceden del plan provincial ReacPon da Deputación de Pontevedra e os 44.867 restantes, de fondos municipais. Pero, aínda que é a Deputación quen pon prácticamente todo oinvestimento da actuación, é o Concello o que elabora o proxecto que se leva a cabo e que o PSOE urxe que se modifique antes de que cristalice a desfeita que se está fraguando actualmente.

Novas relacionadas