O PSOE de Lalín pregunta no pleno polos vertidos e polo material extraviado do legado Hilgen

Queren que se aclaren estas cuestións.
Daniel Santalla
septiembre 30, 2021

O Grupo Municipal do PSdeG-PSOE formuloulle ao goberno local no pasado pleno unha serie de preguntas relacionadas cos espisodios de verteduras aos ríos, así como sobre o material do legado de Hilguen desaparecido.

Sobre o primeiro tema os socialistas pregúntanlle ao concelleiro de Medio Ambiente:

▪️ Tras tres meses de verteduras e un único arranxo na EDAR de Lalín sita no regato das Cavirtas, está Vde. seguro de que se solucionaron tódolos problemas relacionados coas verteduras?.

▪️Está Vde. seguro de que ningunha das verteduras está vinculada á depuradora de Botos?

▪️Qué opina desa instalación?

▪️Cre que funciona ben, ou que precisa arranxos urxentes?

▪️Está prevista algunha actuación nela durante o presente mandato?

▪️Cal é a composición da escuma contaminante?

▪️Sábese a orixe real das verteduras e a súa composición?

▪️Tomouse algún tipo de mostra para realizar análises?

▪️O tipo de vertedura e a súa composición pódenos indicar con maior precisión cal foi a fonte que o xerou, e deste modo poder determinar o punto concreto de cada vertedura. Ten concello esa información e nese caso vai a facela pública?

▪️Vaise avaliar o dano medioambiental ocasionado?

▪️Quen vai asumir as responsabilidades por ese dano ambiental causado?

▪️Sorprenden as súas manifestacións na prensa, das que parece desprenderse que os únicos efectos das verteduras no río son sobre as troitas: “El edil de Medio Ambiente, César Reboredo, destacó que no hubo mortandad de peces” e “Reboredo indicó que donde estaban haciendo las actuaciones vieron dos truchas grandes, prueba, dijo, de que la fauna del río no se había visto afectada por esta filtración”. Considera realmente Vde. que as verteduras non teñen ningún outro efecto sobre o río máis que no relativo á fauna piscícola?

▪️Sería fundamental ter información sobre os ecosistemas fluviais, para avaliar o seu estado e tamén por se volve haber verteduras para saber ata que punto se ve afectado o curso de auga. Tense pensado facer algunha avaliación do estado dos ríos no concello de Lalín?

En canto ao Legado de Hilguen o PSOE pregunta:

▪️En que data tivo entrada no rexistro municipal o requirimento da valedora do pobo?

▪️En que data se remitiu a contestación?

▪️No caso en que inda non se fixera, vaise a contestar ó requirimento feito pola Valedora do Pobo?

▪️Vai a propoñer ó Pleno este goberno a constitución dunha comisión de investigación para aclarar dunha vez por todas o ocorrido coa parte da documentación desaparecida deste legado, como se comprometeu o concello de Vila de Cruces?

▪️Vai a propoñer algunha outra medida?

Novas relacionadas