O PSOE advirte a Crespo do “perigo” de vincular a Feira do Cocido coa defensa das “macrogranxas”

Pídenlle que retire a moción para reporbar a Garzón e que que “se centre máis nos intereses dos nosos veciños e menos nos intereses electorais de Pablo Casado”.
Daniel Santalla
enero 20, 2022

O socialistas advírtenlle a Crespo Iglesias do “perigo” e da “mala imaxe” que ten para Lalín vincular a Feira do Cocido co modelo produtivo das “macrogranxas” “tal e como defende o PP na moción que presenta para debate no próximo Pleno”. “Ligar nunha mesma proposta plenaria a defensa das macrogranxas e a Feira do Cocido é un erro clamoroso que pode afectar directamente á imaxe exterior do evento gastronómico máis importante de Galicia, que precisamente é recoñecido polos produtos de proximidade e de primeira calidade que nel se impulsan”, sinala o PSOE.

Aconséllanlle a Crespo “abandonar a defensa do modelo produtivo “macro” que desde hai unhas semanas tamén defende por motivos electorais o PP de Pablo Casado e centrarse na promoción e impulso dun modelo familiar de agrogandería que en Lalín practican o 99% das explotacións”. Así, pídenlle ao alcalde que retire unha moción de reprobación a Garzón que, “ademais de vincular macrogranxas e cocido, nada aporta á cidadanía Lalinense”.

“O único que fai o PP é ofrecer unha mala imaxe do noso Concello e do Cocido. Esixímoslle a Crespo e a “Avelino Souto macrogranxas” que se centren máis nos intereses dos nosos veciños e menos nos intereses electorais dun Pablo Casado que só busca usar politicamente os gandeiros”, engade o PSOE.

Fronte a moción do PP, “baleira de contido e dirixida só a polemizar e atacar o goberno central”, os socialistas levarán ao vindeiro Pleno unha moción na que se solicitará á Corporación Municipal o apoio a un modelo de agricultura e gandaría extensiva, semi-extensiva, ecolóxica, e intensiva familiar en Lalín e o rexeitamentoao modelo de “macrogranxas”.

Na proposta socialista tamén se pedirá o apoio da Corporación ao impulso dunha Lei da Agricultura e a Gandería Familiar e á posta en marcha dunha Lei é un selo de calidade que identifique os produtos procedentesda agricultura e a gandería familiar.

Así mesmo solicítaselle á Xunta de Galicia o impulso davenda de alimentos de proximidade procedentes directamente das pequenas gandarías e o seu consumo en colexios públicos, hospitais ou residencias públicas e a activación de campañas de promoción para visibilizar e impulsar o produción agrograndeira e o comercio de proximidade.

Por último, a proposta insta ao Goberno local a cumprir o acordo plenario no que se aprobou por unanimidade a volta do mercado de proximidade ás rúas do centro (Principal e Loriga).

Novas relacionadas