O orzamento municipal de Silleda acada os 10,3 millóns de euros para este ano

O novo consistorio, e a mellora integral de vías no rural, con 1,2 millóns de euros, entre os investimentos destacados. A partida de Servizos Sociais increméntase en 84.000 euros co SAF.
Redacción
febrero 4, 2022

O goberno local de Silleda levará a pleno o vindeiro xoves día 10 a aprobación inicial do orzamento municipal para o presente exercicio de 2022.

O montante global das contas acada “cifras históricas”, chegando por primeira vez aos 10 millóns (10.360.659,17 eros) unha cifra que supón un incremento do 22,18 % (1,9 millóns máis) respecto ao orzamento do ano 2021.

Este incremento explícase ao contemplarse destacados investimentos para o presente exercicio como a reforma da Casa da Cultura para destinala ao novo concello (con 1,8 milllóns euros de investimento) ou os máis de 1,2 millóns o Plan de Obras e Servizos que se destinará íntegramente á remodelación de pistas nas parroquias.

“Continuaremos apostando pola mellora e mantemento da nosa extensa rede viaria con outras actuacións puntuais tamén no rural que se sumarán a estas inversións”, engade o alcalde, Manuel Cuiña.

OUTROS INVESTIMENTOS

Estas son as dúas actuacións máis destacadas do capítulo de investimentos, que tamén aumenta nun 56,25%, pasando de 2,2 a 3,5 millóns. Nesta partida tamén se contemplan 277.000 euros para unha planta de compostaxe de bioresiduos (cofinanciada polo Ministerio de Transición Ecolóxica a través do programa PIMA), a aportación municipal a distintas obras subvencionadas, ou os 23.000 euros das obras de mellora da Escola Infantil A Galiña Azul.

“A estas actuacións destacadas sumaránse outras obras e dotacións ao longo do ano”, indica o alcalde e responsable municipal de Facenda, Manuel Cuiña.

GASTOS

No capítulo de gastos, a partida de persoal sitúase en 2,4 millóns de euros, o que representa un 23,9 % do total do orzamento municipal.

Esta partida aumenta en 100.000 euros ao contemplarse a suba salarial do 2% estipulada por Lei, e algúns novos contratos realizados por mor da COVID.

Os gastos correntes en bens e servizos increméntas nun 16,3 % (de 3,3 a 3,8 millóns) ao contemplarse o incremento do prezo no subministro de enerxía ou do servizo de recollida de lixo.

No capítulo 3, de gastos financieiros, mantense a partida igual que o pasado ano, con 18.000 euros, mentres que nas transferencias correntes, destaca o aumento da liña de subvencións a entidades veciñais (que pasa de 5.100 a 8.100 euros) e das axudas á creación de emprego, que se incremeta ata os 20.000 euros. Mantéñense igualmente as axudas a colectivos culturais e clubs deportivos, así como as destinadas ao fomento así como a cantidade da Escola de Música Municipal (que xa ese subiu a 110.000 euros en 2020).

A partida destinada a Servizos Sociais é das que máis se incrementa pasando de 666.000 a 750.000 euros (84.000 euros máis). Dentro desta partida inclúse a prestación do Servizo de Axuda no Fagor, en proceso de subrogación. “Dende o Concello orzamentouse o máximo posible neste apartado a fin de garantir e asegurar a prestación dun dos servizos esenciais para a veciñanza”, explica Cuiña.

Dado que a subrogación aínda no é efectiva, as nóminas e cotizacións do persoal deste servizo –que pasa a asumir o concello- están contempladas neste apartado. Cuiña explica que unha vez que se faga efectiva a municipalización do SAF, será preciso realizar unha modificación orzamentaria pasando esa dotación ao capítulo de personal.

INGRESOS

En canto ao capítulo de Ingresos, volve aplicarse a filosofía da prudencia e o rigor económico en base a liquidacións anteriores. Así, en impostos directos (IBI, IVTM, IAE e BICES) está previsto recaudar 2,2 millóns de euros, un 3,5% máis que no último exercicio.

Por impostos indirectos (ICIO) prevese recadar 80.000 euros, igual que no último orzamento. “Agardamos que o PXOM, a clave do futuro de Silleda, sexa aprobado pola Xunta canto antes, para revitalizar a economía local nun municipio onde hai moitos veciños pendentes do planeamiento para poder construir a súa vivenda”, engade o alcalde.

En canto ás taxas e outros ingresos o capítulo aumenta só un 8,9 por cento (prevése recadar 1,4 milóns de euros fundamentalmente por novas altas en servizos coma o abastecemento de auga o altas de dependencia).

Nas transferencias correntes (Participación en tributos do Estado e aportacións da CCAA) prevese ingresar 3,4 millóns de euros (un 13,30 máis) fundamentalmente pola aportación do Goberno do Estado a través do PIE, que pasa de 1,8 a 2,1 millóns de euros mentres que as transferencias de Capital tamén aumentan en máis dun 29% , con algo máis de 2 millóns de eyuros

Cuiña advirte que “tal e como recolle o informe de intervención é un orzamento prudente no tocante aos ingresos e que cumpre co principio de estabilidade orzamentaria”.

CRÉDITO, DE SER NECESARIO, PARA O NOVO CONCELLO

No capítulo 9, de Pasivos financieiros, prevese a solicitude dun crédito de 1.089.000 euros, por se fora necesario, para a realización da primeira fase das obras do novo Concello. Cuiña lembra que esta actuación arrancará cos 713.000 euros que aporta a Deputación de Pontevedra a través do programa REACPON.

“No orzamento hai que prever os cartos para acometer a obra, que con esta subvención da Deputación terá que estar rematada en abril de 2023. Xa se iniciaron conversas coa vicepresidencia da Xunta e é previsible que a Administración Autonómica tamén participe nesta obra para a que tse solicitará ademais unha axuda a través dos fondos europeos. Mentres non estén concedidas estas axudas, contemplase o préstamo e no caso de que se consigan, non será necesario solicitalo”, aclara o rexedor.

Para amortización de préstamos pendentes contémplase unha partida de 145.000 euros, un 49,1% menos da cantidade destinada en 2021.

Cuiña lembra que grazas á xestión dos últimos anos e ás políticas de aforro Silleda conseguiu liberarse do Plan de Axuste decretado en 2012, amortizando o pasado ano un dos créditos pendentes.

“Por primeira vez o orzamento municipal acada a cifra dos 10 millóns, un orzamento histórico para Silleda con actuacións destacadas e servizos que seguen a mellorar”, indica o alcalde.

Logo da súa presentación á Mesa de Persoal en días pasados, o vindeiro luns xoves día 10 celebrarase o pleno, no que tamén se incluirá a aportación de 5.000 euros ás persoas damnificadas polo volcán de La Palma.

Novas relacionadas