O Naranxo e A Cacharela non farán actos organizados no entroido

Convidan a "manter viva a tradición", pero coas "medidas sanitarias lóxicas e pertinentes".
César Carracedo
febrero 11, 2022

A asociaciación cultural O Naranxo e a asociación de veciños da Cacharela decidiron suspender as actividades do entroido “ante a situación epidemiolóxica actual”, que “desaconsella as aglomeracións”.

👉 Polo tanto, non se farán actos organizados nin para o Vermú das Señoritas nin para a procesión do Santo Torrisco nin para o entroido da Cacharela.

➡️ Dende estas entidades din, iso si, que “o entroido é unha festa de carácter espontáneo na que so se precisa ter a vontade de facela”.

😷 Así, convidan a “manter viva a tradición”, pero coas “medidas sanitarias lóxicas e pertinentes”.

🎭 Rematan cun “desfrutade do entroido, pero sede prudentes, que aínda nos quedan moitos máis”.

E tamén cun “Viva Santo Torrisco, Vivan os Cacharelos e Xs señoritxs queren ser pregoeirxs do Cocido!”

Novas relacionadas