O IES Pintor Colmeiro recadou 480 euros para a campaña de Silleda Solidaria “Un agasallo, un sorriso”

Con esa cantidade mercaranse agasallos de Nadal para as familias usuarias de Benestar Social. O propio alumnado do centro empaquetará os artigos que se merquen.
Redacción
diciembre 8, 2021

O IES Pintor Colmeiro de Silleda volve colaborar un ano máis ca campaña “Un agasallo, un sorriso”, posta en marcha dende o departamento municipal de Benestar a través do programa Silleda Solidaria.

Dende o centro recaudáronse 480 euros cos que se mercarán agasallos para as familias usuarias do programa. Os artigos que se merquen serán ademais empaquetados, como xa vén acontecendo nos últimos anos, polos alumnos e alumnas do ciclo de Comercio que se imparte no centro silledense de Secundaria.

A concelleira de Benestar Social e Iguadade, Ángela Troitiño agradece de antemán a colaboración de todas as persoas que cada ano “participan de xeito desinteresado con esta iniciativa facendo que ningún neno se quede sen agasallo neste Nadal”, e en especial á toda a comunidade do IES Pintor Colmeiro que colabora con esta causa dende hai varios anos.

Novas relacionadas

O PSOE cifra en 2,5 millóns as axudas directas do goberno central para o sector lácteo en Lalín

O PSOE cifra en 2,5 millóns as axudas directas do goberno central para o sector lácteo en Lalín

Alba Forno cualificou como “histórica para o sector” esta liña de apoio e subliñou a aposta decidida do goberno de Pedro Sánchez para articular respostas coas que facer fronte ao actual escenario de crise na agricultura e a gandaría. Fronte a isto, a secretaria xeral dos socialistas lalinenses denuncia “a parálise da Xunta” e lembra que “a día de hoxe non hai publicada no DOG ningunha medida a favor dos gandeiros”.