O GTR logra o premio ao equipo máis numeroso no Trail Ribeira Sacra

Acádano por segundo ano consecutivo.
César Carracedo
octubre 12, 2021

Cantidade e… calidade. Ese podería ser perfectamente o resumo da fin de semana para os e as corredoras do GTR-Galaico Trail Run, que se desprazaron a terras de Luintra para desputar o Trail RibeiraSacra.

Nada máis comezar as probas decátanse de que acadann o premio ao equipo cun maior número de participantes. Manteñen así un logro que xa acadaran na anterior edición desta competición.

A título individual, tamén moi bos resultados. Na distancia de trail de 25K con 1.500+, o corredor cruceño Manuel Tato Espino logrou un magnífico terceiro posto cun tempo de 2h46′ nunha carreira moi rápida na que as posicions estiveron moi desputadas

📍A corredora de Rodeiro Carmen López conseguíu o segundo posto na sua categoría cun tempo de 4h 05′.

📍O corredor Gustavo González está “nun nivel de forma impresionante”, tras acadar o posto 12 da xeral con un tempo de 3h06′.

📍Foi seguido de Juan Gómez 3h16′(21x.), Salvador González 3h19′(27x.), Eugenio Batán 3h38′(47 x.), 3h 43′ Renato Fernández (54 x.), Christina Couto con 3h47′ roza o podiun cun 4 posto, Fernando Rodríguez 3h47′ (67 x.), Juan Varela 3h49′ (72 x.), Marcos Comesaña 3h54′ ( 75 x.), José M. Portal 3h59′ (87 x.), Belén Riàdigos 4h02′( 90 x.), Enrique Rojo 4h04′ (94 x.) Emilio Romero 4h08′ (104 x.), María Moreiras 4h08′ (105 x.), Fátima Nogueira 4h16′ (126 x.) e Patricia Montoto 4h17′ ( 127 x.)

📍Na longa distancia, cun percorrido de 50K con 3.000+, Ángel Gómez fixo un tempo de 9 horas.

Novas relacionadas