O GTR logra dous segundos postos no Trail da Rúa

Iván Sangiao, na categoría absoluta, e Tamara García, na clasificación de mulleres, subiron ao podio.
César Carracedo
octubre 5, 2021

Galaicos e Galiacas desprazáronse esta fin de semana a terras ourensás para disputar o trail da Rúa, no que se enfrontaron a distancia de 42 km.

📍Iván Sangiao acadou unha segunda posición na clasificación xeral, o que constata “o seu magnífico estado de forma.

📍Tamara García, “que segue a demostrar que se atopa moi cómoda en esta distancia”, volve subir ao caixón. Acadou unha segunda posición na clasificación de mulleres e “unha moi boa resposta nas súas sensacións”.

🥈Tamén quedou segunda Alina Cimpean, neste caso na proba de trail de 26 quilómetros, “unha carreira moi rápida”.👉Por outra banda, no mini trail de 15 quilómetros, Vicente Agulló estivo a piques de subir preto do caixón. Fixo un cuarto posto na sua categoría, por diante do monfortino Carlos Fernández.

🌧 A proba caracterizouse por percorrer o Barranco de Rubio e por desputarse nhas condicións metereolóxicas caracterizadas pola choiva.

▶️Na parte oposta da xeografia galega, desputouse a proba de 10 quilómetros da Coruña.

📍Alí, Patricia Varela vén de realizar a súa marca persoal cun tempo de 40 minutos 28 segundos. Entrou no posto 14 de mulleres que “para unha corredora de trail indica que está en un estado de forma espectacular.

📍Mentres, Manuel Tato parou o crono “nun magnífico tempo” de 35 minutos 51 segundos, entrando de 55 na xeral de 1.500 participantes e Renato Fernández fixo un tempo de 41 minutos “malia estar a preparar longa distancia”.

Novas relacionadas