O Galaico Santiago Agulló conquista o Mont Blanc!!

Fíxoo con compañeiros do A.C.D. Bombeiros de Carballiño- Ribeiro.
César Carracedo
octubre 2, 2021

O corredor do @gtr_galaico_trail_run Santiago Agullo Canda vén de culminar a subida ao Mont Blanc, unha dura proba de ascenso xa que o cumio está a unha altitude de 4.809 metros.

Agulló iniciou esta aventura o pasado 23 de setembro, xunto con compañeiros do A.C.D. Bombeiros de Carballiño- Ribeiro.

Tras a súa chegada á zona, os montañeiros realizaron a súa aclimatación física no ascenso ao cumio de Aiguille de Tour, onde fixeron a comprobación de material e revisaron a climatoloxia para realizar o ascenso a mítico cumio dos Alpes.

Xa o día 27, dende 1.320 de altitude, comenzaron a súa conquista facendo noite no Refuxio de Tête Rousse. De alí partiron ás 02:00 da madrugada para facer cumio coa posta do sol e poder esquivar unha fronte de neve que se presentou xa cos montañeiros finalizando o descenso do mesmo.

Gran satisfacción do éxito colleitado con unha intensa e dura preparación física que se prolongou durante varios meses. A zona é bastante arriscada e alí os rescates en helicóptero son moi frecuentes, tanto polo cambio de climatoxia como pola dificultade de alta montaña.

Moitos parabéns!!! 👏👏👏

Novas relacionadas