O ex-asesor do goberno local, Pepe Iglesias, seguiu traballando para o Concello tras ser cesado

O BNG esixe responsabilidades “por unha cacicada sen precedentes”. Vilariño denuncia que Iglesias continuou empregando medios públicos malia finalizar a súa relación laboral co Concello.
Daniel Santalla
octubre 8, 2021

O BNG de Lalín vén de denunciar que o ex-asesor do goberno do Partido Popular, Pepe Iglesias, encargado principalmente de cuestións relacionadas co rural, continuou traballando para o Concello varios meses despois de ser cesado.

O voceiro municipal nacionalista, Francisco Vilariño, explicou que o cese de Iglesias fíxose efectivo por decreto a 1 de xuño de 2021. Non obstante, mantivo as súas funcións como asesor e seguiu atendendo demandas veciñais ou de empresas, utilizou medios públicos como coches municipais para desprazarse ás parroquias e botou man dos servizos dos empregados muninicipais.

“É un escándalo, unha irregularidade sen precedentes e imos solicitar explicacións e responsabilidades políticas”, asevera Vilariño. O líder local do BNG considera que estes feitos son de “máxima gravidade e totalmente inauditos a pesar de que o PP leva feito de todo en Lalín”.

Considera que “estamos ante unha auténtica cacicada” e insiste en que “o PP está utilizando as administracións ao servizo so partido”. “Non lles chega con ter 5 dedicacións exclusivas e 4 asesores que precisan ter unha persoa realizando tarefas políticas”, explica Vilariño.

Novas relacionadas