O Disiclín Racing estará no 25 Rali do Cocido

Javier Ramos e Álex Moure participarán nas vodas de prata da proba dezá.
Redacción
octubre 13, 2021

Chega a edición número 25 do rali do Cocido, unha data “marcada no calendario de Disiclín Racing dende fai meses ao ser a proba da casa”.

Logo de ter participado en 2019 nos rallyes de Ourense, Cocido e Isla Bonita, e con un 2020 sin probas debido á pandemia, Javier Ramos regresa aos treitos nun Rali do Cocido puntuable para a recén recuperada Copa de España de Rallyes de Asfalto.

Para o Rali do Cocido, Ramos decantouse por unha moderna unidade do Vokswagen Polo GTI R5 do seu preparador de confianza, ArVidal Racing.

Javier Ramos sinala que “por motivos de traballo, únicamente podo participar nalgunha proba de forma esporádica, pero o Rali do Cocido sempre está marcado na axenda”.

Respecto do vehículo a empregar no Cocido, Ramos comenta “xurdiu a oportunidade de participar no Volkswagen Polo GTI R5, un moderno vehículo da categoría Rally 2, que na actualidade lideran os campionatos nacionais.

No noso caso, o obxectivo pasa por adaptarnos a él para que nos facilite un pouco o traballo á hora de encarar uns treitos tan exigentes como son os do Rali do Cocido.”

Novas relacionadas