O decálogo de Troitiño para “un cambio de rumbo” na Federación Galega de Automobilismo

Presentouno hoxe en Santiago.
César Carracedo
noviembre 17, 2021

ℹ O voceiro do grupo RenovaFGA e futuro candidato á presidencia da Federación Galega de Automobilismo (FGA), o lalinense Antonio Rodríguez Troitiño, presentou hoxe “un décalogo cos primeiros compromisos para darlle un cambio de rumbo á federación” se logran o apoio maioritario nas eleccións que se celebrarán o vindeiro ano.

DEZ INICIATIVAS

1️⃣ Abaratar a práctica do automobilismo en Galicia “para que aos deportistas lles saia máis económico competir e para que as escuderías poidan ter máis liquidez para organizar probas”. “Hai marxe para facelo”, asegurou.

2️⃣ Instaurar a transparencia como eixo transversal de xestión “para que cada federado poida coñecer ao céntimo onde, cando e como se inviste cada euro que manexa a federación”.

3️⃣ Cambiar os estatutos da FGA para limitar os mandatos do/a presidente/a a un máximo de oito anos “para evitar que calquera dirixente se pervirta e acabe pensando máis nos intereses particulares que nos xerais” .

4️⃣ Recuperar o diálogo e o entendemento institucional, tanto con todas as Administracións Públicas como coa Federación Española de Automovilismo.

5️⃣ Coordinar un calendario sen duplicidade de probas.

6️⃣ Avanzar na dixitalización da FGA para facela máis eficaz, avogando, por exemplo, por unha profunda renovación da páxina web para que os usuarios poidan consultar doadamente toda a información que buscan e non atopen “unha institución oscurantista, rancia e anquilosada no pasado”.

7️⃣ Fixar a sede da federación en Santiago de Compostela “por lóxica e operatividade, debido á centralidade e maior equidistancia para os federados de toda Galicia”.

8️⃣ A creación da Academia FGA para formar a todos os perfís relacionados con este deporte -pilotos, copilotos, oficiais, comisarios deportivos e técnicos, cronometradores, etc.

9️⃣ A recuperación e posta en valor da modalidade de karting “para que sexa a entrada de novos pilotos”.

🔟 A implantación de mecanismos e sistemas de apoio aos novos talentos “para poder competir e forxarse como pilotos máis aló do campionato galego”.

Novas relacionadas