O Concello de Silleda e o Club Val de Rois retoman a escola de golf en Silleda

A iniciativa botará a andar nos vindeiros días, despois do acondicionamento das instalacións nas últimas semanas nos terreos ubicados na rúa L cedidos no seu momento á entidade local para este fin.
Redacción
enero 16, 2022

A práctica deportiva do golf volta ao municipio de Silleda en colaboración co club de golf Val de Rois.

Nos vindeiros días comenzarán as sesións, abertas a todas as persoas interesadas, nas instalacións ubicadas na rúa L, que foron cedidas no seu día ao Concello de Silleda para a práctica deste deporte.

Nas últimas semanas operarios municipais remataron, co asesoramento do personal do club, os traballos para a recuperación da cancha de prácticas, coa limpeza e dotación de novos elementos, como unha expendedora de bolas, alfombras ou separadores, entre outros.

Está previsto que nos vindeiros días se celebre unha xornada de portas abertas para a promoción deste deporte, con numerosos beneficios para a saúde tanto físicos como mentais.

Para as clases de golf, abertas a persoas de todas as idades –se ben se focalizarán tamén na poboación máis nova- o club facilitará sen custes os paus de golf para a práctica deste deporte.

Así mesmo, co apoio do club Val de Rois, -que preside o silledense Ramón Otero Sotelo- tamén se facilitará o acceso de todas aquelas persoas que o desexen ás instalacións da entidade, para continuar coa práctica deste deporte, en condicións preferentes.

Tamén está previsto realizar charlas informativas nos centros escolares do municipio, unha vez comencen as sesións na cancha.

Por parte do Concello, asume o mantemento das instalacións, agradécese á propiedade do terreo a súa cesión para facilitar o acceso da veciñanza a este deporte, así como a colaboración do club para a posta en marcha desta iniciativa.

O encargado de impartir as clases en Silleda será Jacobo González Rodríguez, director da Escola Infantil de Val de Rois, xogador profesional considerado un dos profesionais máis cualificados de España na formación deste deporte, e que conta desde 2003 to titulo de maestro de golf, a máxima cualificación nesta modalidade deportiva.

González foi campión galego en varias ocasións e accedeu varios anos ao circuito nacional, ademais de ser campión de España de profesores do Club da Asociaciación de Profesionais do Golf, entre outros.

Novas relacionadas