O Colexio Scientia Lalín entrega de dispositivos electrónicos ao alumnado

Avanza así na implantación do seu modelo de Educación 3.0.
Redacción
octubre 10, 2021

📍Todos os estudantes desde 3º de Primaria ata 4º da ESO recibirán un Chromebook que incorpora as licenzas dixitais de todos os libros e permite acceder á plataforma educativa E-Creatus

📍O alumnado de Infantil adquirirá habilidades dixitais coa utilización de robots e en 1º e 2º de Primaria compartirán unha tablet cada dous alumnos

👉O colexio indica, nun comunicado, que deste xeito dá “un paso importante na implantación do seu modelo de Educación 3.0 para favorecer a adquisición de habilidades dixitais e facilitar unha aprendizaxe máis innovadora apoiada na utilización das novas tecnoloxías.

🗣Segundo explicou a xefa de estudos, Patricia Beldrón, “estes dispositivos dixitais non exclúen a outros soportes da educación convencional, se non que os complementan, posibilitando que os alumnos e alumnas reciban unha educación máis adaptada aos novos tempos e ao uso das novas tecnoloxías”.

Novas relacionadas