O Colexio Scientia #Lalín amplía a oferta de actividades extraescolares con 13 materias novas

O programa para o curso 2021-22 engade percusión tradicional, gaita, zumba, pilates, multideporte, voleibol, fútbol gaélico, medioambiental, recicl-arte, piscomotricidade, ioga, coro e xerontogym.
Redacción
septiembre 24, 2021

O Colexio #Scientia Lalín reforza o seu programa de actividades extraescolares para o curso 2021-22 ofertando unha trintena de materias tras engadir 13 actividades novas: percusión tradicional, gaita, zumba, pilates, multideporte, voleibol, fútbol gaélico, medioambiental, recicl-arte, psicomotricidade, ioga, coro e xerontogym.

📍Concretamente, a oferta para Infantil inclúe talleres de inglés, psicomotricidade e recicl-arte. Para o alumnado de Primaria e Secundaria, coinciden as seguintes actividades: arte e debuxo, percusión tradicional, kung fu, gaita, fútbol gaélico, voleibol, ximnasia rítmica, xadrez, baloncesto, baile tradicional, robótica, informática, fútbol sala, ioga, patinaxe, recicl-arte e tenis.

📍A maiores, en Primaria ofertaranse tamén inglés (nivel 1, 2 e 3), medioambiental, multideporte e coral-coro, mentres que en Secundaria ofertarase a maiores inglés (nivel 4).

📍O Colexio Scientia Lalín inclúe este ano na súa programación de actividades extraescolares unha oferta dirixida aos adultos -principalmente aos familiares dos/as alumnos/as-, entre as que figuran pilates, zumba, coral-coro, ioga e xerontogym.

Segundo explicou a directora do colexio, Belén Villanueva, estas actividades extraescolares comezarán o día 4 de outubro “sempre e cando se consigan conformar como mínimo grupos de oito alumnos/as por actividade”. As familias interesadas poden solicitar máis información na Secretaría do centro, chamando ao teléfono 986 78 00 26 ou a través do correo electrónico info@scientialalin.com.

Novas relacionadas