O CEIP Pío Cabanillas de Dozón estrea unha pista multideporte

A pista, de 30x15 metros, está habilitada para a práctica de polo menos seis deportes: fútbol sala, balonmán, baloncesto, tenis, voleibol e bádminton. O alcalde, Adolfo Campos, destaca o investimento de 85.000 euros e salienta que o recinto poderá ser utilizado polo alumnado do centro en horario lectivo e tamén fóra do horario escolar previa solicitude
Redacción
febrero 7, 2023

O alumnado do CEIP Pío Cabanillas Gallas de Dozón vén de estrear unha pista multideporte construída na contorna do colexio polo Concello e a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidade cun investimento conxunto de 85.000 euros.

O alcalde, Adolfo Campos Vázquez, que acudiu en días pasados a entregarlle material deportivo á directora do centro, Cristina Lorenzo, e á profesora de Educación Física, Noelia Fernández, resaltou que o terreo de xogo ten unhas dimensións de 30×15 metros e conta cun peche perimetral de dous metros de altura e un sistema de iluminación que posibilita a súa utilización cando anoitece.

Ademais, incorpora un terreo de xogo con céspede de última xeración que o habilita para a práctica de polo menos seis deportes: fútbol sala, balonmán, baloncesto, tenis, voleibol e bádminton.

Segundo explicou o rexedor, a pista será utilizada polos alumnos/as do colexio en horario lectivo e tamén poderá ser utilizada fóra do horario escolar, sempre e cando se curse unha solicitude previamente.

Novas relacionadas