O BNG sostén que a xuntanza entre Crespo e Feijóo “foi un paripé sen resultados para os nosos veciños”

Vilariño afirma que non hai vontade política para o edificio de Medio Rural e lamenta que non se puxesen sobre a mesa necesidades como a ambulancia medicalizada ou o avance das parcelarias.
Daniel Santalla
enero 13, 2022

O BNG de Lalín tamén valorou o encontro entre Crespo e o presidente Feijóo, cualificándoa en palabras de Francisco Vilariño como “moi decepcionante e tempo perdido”. Para o voceiro municipal nacionalista o encontro estivo “valeiro de contido e careceu de resultados para os nosos veciños e veciñas”.

Vilariño lembra que a xuntanza entre ambos mandatarios xa se viviu no 2019 e entende que “non hai ningunha variación no que se tratou nunha ocasión e no que se tratou no día de onte”.

Para o BNG “é moi decepcionante a todos os niveis que neste tempo non se conseguise nada novo, mentres do que xa había os tempos administrativos seguen sendo os mesmos”. Lembra Vilariño que da ampliación do polígono non se aporta nada, “hoxe segue sendo unha declaracións de intencións”, ao tempo que na partida para centros educativos “seguen as mesmas cantidades, as mesmas actuacións e os mesmo centros”.

Especial relevancia lle dá o BNG ao edificio de medio rural, recordando que “foi o goberno bipartito quen e apostou por este proxecto que paralizou Feijóo en 2009 e desde ese ano leva conxelado e sen facer”. “Pasados mais de 13 anos teñen a vergoña de dicir que están realizando a adaptación do anterior proxecto. Non hai vontade política”, afirma.

O BNG tampouco se esquece de que o PP votou no Parlamento en contra das emendas para Lalín nos orzamentos da Xunta como o de dotar de contía económica e de prazos as parcelarias, ou que non puxo sobre a mesa a ambulancia medicalizada, medidas para o comercio ou o conservatorio e tampouco ían na orde do día a construción dun centro de día público para os nosos maiores”.

Novas relacionadas

O PSOE cifra en 2,5 millóns as axudas directas do goberno central para o sector lácteo en Lalín

O PSOE cifra en 2,5 millóns as axudas directas do goberno central para o sector lácteo en Lalín

Alba Forno cualificou como “histórica para o sector” esta liña de apoio e subliñou a aposta decidida do goberno de Pedro Sánchez para articular respostas coas que facer fronte ao actual escenario de crise na agricultura e a gandaría. Fronte a isto, a secretaria xeral dos socialistas lalinenses denuncia “a parálise da Xunta” e lembra que “a día de hoxe non hai publicada no DOG ningunha medida a favor dos gandeiros”.