O BNG pide que se aclare se Agolada segue dentro da Mancomunidade

Os nacionalistas critican que haxa que subir as achegas municipais nos orzamentos para o vindeiro ano dado que os últimos que se aprobaron eran “𝗰𝗹𝗮𝗿𝗮𝗺𝗲𝗻𝘁𝗲 𝗱𝗲𝗳𝗶𝗰𝗶𝘁𝗮𝗿𝗶𝗼𝘀”.
César Carracedo
octubre 16, 2021

O Bloque Nacionalista Galego reclámalle á Mancomunidade que aclare se o concello de Agolada segue ou non dentro de “Terras do Deza”. O municipio decidiu o pasado mes de agosto deixar a entidade, pero agora coñécese que a Mancomunidade non acepta a súa marcha por un “defecto de forma” no acordo plenario no que se adoptou esa decisión.

O BNG di que agora “teñen que tomar outro acordo e a súa marcha supoñemos que será en xaneiro do 22”. Isto implica que, “para o ano que vén, o resto de concellos terá que asumir a parte que deixe de aportar Agolada”.

Os nacionalistas explican que neste mes houbo dúas xuntas de goberno da Mancomunidade. Á primeira non acudíu o rexedor agoladés, “supoñemos que porque xa se sentía fóra”. Mais na segunda “si se presentou e, polo que consta no expediente, tamén vai asumir o incremento da aportación municipal” que se contempla nos orzamentos da entidade para o vindeiro ano.

Ese incremento, explican dende o Bloque, sería para facer fronte ás obrigas contraídas en persoal e reparacións. Unha situación que non se contemplou nas contas aprobadas en decembro de 2020. E iso malia que Intervención xa facía constar que existían indicios de que se produciría unha suba nas retribucións salariais e que o parque de maquinaria consume moitos recursos por mor da súa antigüidade e da carga de traballo.

Neste contexto, os nacionalistas din que se demostra que os orzamentos da mancomunidade aprobados en decembro de 2020 non só eran “austeros, senón claramente deficitarios”. Así, sinalan que “𝗮 𝘅𝗲𝘀𝘁𝗶ó𝗻 𝗱𝗲𝘀𝘁𝗮 𝗺𝗮𝗻𝗰𝗼𝗺𝘂𝗻𝗶𝗱𝗮𝗱𝗲 𝗽𝗿𝗼𝗱𝘂𝗰𝗲 𝘂𝗻𝗵𝗮 𝘀𝗲𝗻𝘀𝗮𝗰𝗶ó𝗻 𝗱𝗲 𝗮𝗴𝗼𝗻í𝗮 𝗽𝗲𝗿𝗺𝗮𝗻𝗲𝗻𝘁𝗲”. “𝗩𝗮𝗶𝘀𝗲 𝘀𝗮𝗻𝗴𝗿𝗮𝗻𝗱𝗼 𝗽𝗼𝘂𝗰𝗼 𝗮 𝗽𝗼𝘂𝗰𝗮 𝗮𝘁𝗼𝗽á𝗻𝗱𝗼𝘀𝗲 𝗻𝗲𝘀𝘁𝗲𝘀 𝗶𝗻𝘁𝗿𝗲𝘀 𝗻𝘂𝗻 𝗲𝘀𝘁𝗮𝗱𝗼 𝗶𝗻𝗮𝗻𝗶𝗰𝗶ó𝗻 𝗺𝗼𝗶 𝗹𝗮𝗺𝗲𝗻𝘁𝗮𝗯𝗹𝗲”, conclúen.

Novas relacionadas