O BNG demanda o arranxo das avenidas Xosé Cuiña e Madrid

No anterior mandato o PP e o tránsfuga, Juan José Cruz, votaron en contra do arranxo destas vías.
Daniel Santalla
enero 21, 2022

O BNG de Lalín rexistrou una moción na que pide que se dispoña, no menor prazo posíbel de tempo, dun proxecto con dotación orzamentaria para proceder ao arranxo do firme da avenida de Xosé Cuiña (excluíndo o tramo que comprende a actuación de humanización prevista no EDUSI) e da avenida de Madrid.

Cualifican de lamentable a situación que presenta o firme destas dúas vías que coincide co traxecto que no seu día se fixo como variante ou circunvalación da estrada N-525 para evitar o paso polo “centro histórico” da vila de Lalín dos camións de mercadurías e dos vehículos que atravesan por esta arteria viaria que comunica Compostela e Ourense. Indican que é a estrada que, con diferenza, tiña máis volume de tráfico e segue a continuar téndoo.

Os nacionalistas lembran tamén que co desenvolvemento urbano esta zona pasou a estar próxima a parques, zonas recreativas, instalacións deportivas como a piscina e o pavillón, a Casa do Concello e servizos como a oficina de recadación de impostos, para expedir ou renovar o carné de identidade, etc. Porén “fai que sexa moi transitada por un continuo ir e vir de vehículos”.

O BNG manifesta tamén que “esta situación non é recente nin novidosa, pois por parte do Goberno Local do anterior mandato, propúxose facer un importante investimento para paliar, na medida do posíbel, a calamitosa situación desta rúa e variante da N-525, sen poder ser aprobada en sesión de pleno pola correlación de forzas que se produciu por mor dun concelleiro tránsfuga que votaba coa oposición e que, na actualidade, o daquela oposición é quen ten a responsábilidade de gobernar e xestionar unha solución para este problema”.

Novas relacionadas

O PSOE cifra en 2,5 millóns as axudas directas do goberno central para o sector lácteo en Lalín

O PSOE cifra en 2,5 millóns as axudas directas do goberno central para o sector lácteo en Lalín

Alba Forno cualificou como “histórica para o sector” esta liña de apoio e subliñou a aposta decidida do goberno de Pedro Sánchez para articular respostas coas que facer fronte ao actual escenario de crise na agricultura e a gandaría. Fronte a isto, a secretaria xeral dos socialistas lalinenses denuncia “a parálise da Xunta” e lembra que “a día de hoxe non hai publicada no DOG ningunha medida a favor dos gandeiros”.