O Bloque Nacionalista Galego de Vila de Cruces denuncia que, tras a celebración do entroido en Vila de Cruces o pasado martes, “non se puideron restablecer as clases das Escolas Deportivas programadas no pavillón para hoxe xoves”.
Explican que o goberno “non foi quen de ter as instalacións acondicionadas para restablecer as clases de patinaxe, afectando aos usuarios que fan un esforzo económico, cos prexuízos que lle trae á empresa, por ter que suspender as clases”.
“Non se celebrou un acto improvisado”, din, “polo que a falta de previsión non é unha excusa”.
Foron sobre 30 persoas as afectadas “por esta falta de coordinación do equipo de desgoberno”, que ao BNG “non lle colle de sorpresa, aínda que non lles estrañaría que a resposta sexa a mesma de sempre, recordando o mantra de que a culpa é do BNG”.