Novo vertido da depuradora de Botos ao Asneiro

Non é a primeira vez que o río aparece cuberto de escuma, cuestión que en anteriores ocasións Espina y Delfín ten achacado a un posible exceso no uso de deterxentes na limpeza do matadoiro situado no polígono de Botos.
Daniel Santalla
junio 1, 2021

A historia repítese unha e outra vez. A depuradora de Botos volve verter ao Asneiro. Segundo nos informan, ao longo desta mañá a EDAR está expulsando ao río unha importante cantidade de escuma branca cuxa procedencia ou composición polo momento se descoñece.

Ademais de continuos vertidos de fecais que se repiten cando chove moito, non é a primeira vez que o río aparece cuberto de escuma, cuestión que en anteriores ocasións Espina y Delfín ten achacado a un posible exceso no uso de deterxentes na limpeza do matadoiro situado no polígono de Botos.

Novas relacionadas