Pouco máis dun mes durou César Sánchez como adestrador do CD Lalín.
O Club facía público a pasada noite un comunicado anunciando que o pontevedrés viña de presentar a súa dimisión, aceptada polo Club. “Desexámoslle moita sorte nos seus futuros proxectos”, dicían dende o CD Lalín.
Ao mesmo tempo anunciaban que o novo míster do equipo será Toño González, adestrador lalinense con dilatada experiencia.
“É”, afirman, “un “Home da Casa”, un histórico xogador do CD Lalín, e actualmente, un dos coordinadores da Escola de Fútbol Lalín”.
Moita sorte nesta nova etapa!!