Nova orde de axudas para a modernización de locais de restauración e aloxamento

A iniciativa, que estará dotada con 2 millóns de euros, foi presentada hoxe en Lalín polo delegado da Xunta en Pontevedra, Luís López.
Redacción
marzo 2, 2022

O delegado territorial da Xunta, Luis López, informou hoxe da nova convocatoria nunha visita ao Pazo de Bendoiro, que foi un dos catro establecementos beneficiarios das dúas bisbarras na convocatoria do pasado ano

Os establecementos interesados poden presentar as súas solicitudes ata o vindeiro 7 de marzo e optarán a subvencións de ata 50.000€.

As axudas están enmarcadas no Plan Camiña, de apoio ás empresas do sector turístico, para obras de modernización ou para certificados de calidade, accesibilidade, embelecemento, equipamentos, aforro enerxético ou dixitalización

“Creo que esta comarca ten un enorme potencial no sector hostaleiro e gastronómico, sendo unha referencia paisaxística e natural, líder en turismo rural e con pratos recoñecidos como o cocido, o salmón ou a caza, polo que quero animar ao sector a que aproveite este apoio da Xunta para mellorar o que necesite nos seus establecementos”, detallou Luis López

Novas relacionadas