O artista Paco #Pestana faleceu de forma repentina este luns, en Lugo, aos 72 anos de idade.
Cunha obra de recoñecido prestixio, o escultor, pintor e poeta foi o autor do último cartel da Feira do Cocido de Lalín: o da edición número 53, que se celebrou o mes pasado en formato reducido por mor da pandemia.
Ademais, o Museo Ramón María Aller acolleu a finais do ano 2019 a súa exposición “De Compango: Carne de Castrón”, á que corresponde a imaxe desta publicación.
Paco Pestana tamén era un habitual do EmporcArte, a exposición artística colectiva que cada ano reúne a obra de diferentes creadores en torno á figura do porco.
A maiores, Pestana deixa un bo grupo de amigos e coñecidos na comarca do Deza.
Os seus restos están sendo velados en Velatorios Lucense e o enterro será o mércores.