Compromiso por Lalín leva unha moción ao próximo pleno municipal en relación coa falta de chan industrial no municipio. Para paliar esa carencia pide:
– Que o Concello de Lalín esixa á Xunta de Galicia que este mandato se dispoña de chan industrial en Lalín.
– Que o Concello de Lalín teña a información dos plazos para poder comunicar a data de dispoñibilidade a aquelas empresas interesadas tanto en ampliacións das súas instalacións, coma de novos proxectos.
– Que o Concello de Lalín esixa previsión á Xunta, ante a potencial necesidade de chan industrial ata 2030.
– Que o Alcalde dea conta do estado de tramitación, prazos e prezos.
A EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
O debate sobre a necesidade de ampliación do Polígono “Lalín 2000” leva xa sobre a mesa máis de unha década, na que importantes empresarios locais, e incluso a propia AED, falan de necesidade acuciante de novo chan industrial en Lalín, para poder ampliar as súas instalacións varias empresas, ou para emprender novos proxectos.
É coñecido que durante o pasado mandato existiron empresas que tiñan intención de instalarse en Lalín pola nosa posición estratéxica e posibilidades de conexión a vías de alta capacidade, mais a ausencia de chan industrial provocou que non fose posible.
O pasado mandato tanto o goberno anterior como a AED advertiron de esta circunstancia tanto de xeito público, como privadamente en reunións con Xestur, e do mesmo xeito se fixo publicamente directamente polo entón Alcalde Rafael Cuiña ao Presidente da Xunta, Núñez Feijoo, no 25 aniversario da organización empresarial dezá.
Dende a Xunta de Galicia insistiron en que era necesario ter constancia da necesidade de ampliación, e dende o anterior goberno da necesidade de telo xa, debido a que hai empresas que non poden agardar. Do mesmo xeito o “maná” dos fondos Next Generation pode provocar unha morea de novos proxectos empresariais en Galicia, co necesario asentamento de en Polígonos e Concellos con chan industrial, cuestión que pon a Lalín nunha difícil situación, ao carecer del. O tempo unha vez máis dá a razón ao goberno anterior, ante a necesidade de prever situacións como a actual.
Despois de varios anuncios asegurando que Lalín tería chan industrial este mandato, atopámonos conque os prazos non dan, e os técnicos da Xunta aseguran que será imposible de seguir a tramitación o vieiro actual.