Luz verde para o rescate dos cans da Palma por parte da empresa lalinense Aerocámaras

Para o rescate empregaranse drons de carga de loxística mariña modificados.
Daniel Santalla
octubre 20, 2021

O comité director do Plan de Emerxencias Volcánicas de Canarias (Pevolca) decidiu autorizar o posible rescate con drons dos dous cans atrapados na zona de exclusión do volcán de La Palma por parte da empresa lalinense Aerocámaras.

Empregaranse drons de carga de loxística mariña que foron modificados para o rescate destes cans por parte da empresa dezá. Aerocámaras deseñou un pioneiro sistema de rede de captura e solta en caso de emerxencia para animais de ata 20 quilos aproximadamente.

Empregaranse tres drons, un de carga para o traslado de materiais ou rescate dos cans, outro dron con cámara de 30 aumentos para facer un varrido da zona e verificar a seguridade da operación e un terceiro dron específico con cámara térmica para saber cal é o percorrido por onde menos calor hai, ademais do estudo do terreo.

Novas relacionadas