Plantas polo Día da Nai

As persoas que merquen nos establecementos do Centro Comercial Aberto de Lalín durante o día 30 de abril poderán recoller ese mesmo día unha planta amosando o ticket nun posto instalado na Praza da Igrexa.
Redacción
abril 22, 2021

A Asociación de Empresarios de Deza (AED) e o Centro Comercial Aberto (CCA) de Lalín desenvolverán unha nova campaña de dinamización comercial para incentivar as compras co gallo do Día da Nai. Consistirá no agasallo dunha planta a cada persoa que realice unha compra o día 30 de abril nalgún dos comercios asociados.

Ese mesmo día 30, na Praza da Igrexa estará operativo un posto desde as 11.00 ata as 14.00 e desde as 17.00 ata as 20.00 horas. Nel os clientes poderán acudir co ticket da súa compra a recoller a planta correspondente “para poder levarlla como agasallo a súa nai”.

Novas relacionadas