CxL insta ao goberno de Crespo a denunciar as “intolerables” pintadas homófobas en Lalín

Consideran que estes feitos obrigan a reflexionar sobre "se aínda hai camiño por percorrer para a tolerancia en Lalín".
César Carracedo
octubre 16, 2021

Compromiso por Lalín pide “do xeito máis construtivo que o goberno de Crespo tome cartas na intolerable acción das pintadas homófobas realizadas na contorna da Casa da Xuventude”.

Así, reclama que se presente ante a policía Xudicial a denuncia correspondente para que se investigue a autoría das mesmas.

Compromiso cre que “este tipo de comportamentos deben ser denunciados, e os seus autores postos en man da xustiza”.

Tamén cominan a unha parte da poboación de Lalín, “crítica cos actos do Orgullo que puxo en marcha o goberno anterior”, 𝗮 𝘃𝗮𝗹𝗼𝗿𝗮𝗿 “𝘀𝗲 𝗮í𝗻𝗱𝗮 𝗵𝗮𝗶 𝗰𝗮𝗺𝗶ñ𝗼 𝗽𝗼𝗿 𝗽𝗲𝗿𝗰𝗼𝗿𝗿𝗲𝗿 𝗽𝗮𝗿𝗮 𝗮 𝘁𝗼𝗹𝗲𝗿𝗮𝗻𝗰𝗶𝗮 𝗲𝗻 𝗟𝗮𝗹í𝗻, 𝗼𝘂 𝘀𝗼𝗻 𝗳𝗲𝗶𝘁𝗼𝘀 𝗻𝗼𝘅𝗲𝗻𝘁𝗼𝘀 𝗮𝗶𝗹𝗹𝗮𝗱𝗼𝘀”.

Do mesmo xeito, CxL anuncia que “en caso de non proceder á denuncia por parte do Concello, ao que a acción afecta ademáis no patrimonio municipal, será a nosa propia formación quen o faga nos próximos días”.

Novas relacionadas