Compromiso por Lalín realizou nas últimas horas balance político do ano.
Foi un ano “complicado” polas circunstancias derivadas da pandemia. Pero a isto súmaronse os “erros de principiante” dun goberno que ten “pouca vergoña en dilapidar cartos públicos”, que aproba o pago de centos de facturas con tramitación irregular, que incorre en posibles “conflitos de intereses” polas reiteradas contratacións a familiares de concelleiros ou que mantén “unha pésima relación” entre os seus membros.
Á marxe diso, o coordinador Rafael Cuíña alertou de catro grandes luces vermellas na xestión municipal:
A caída da poboación, que pode derivar nunha perda da categoría dos 20 mil habitantes