Lalín saca unhas axudas extraordinarias con menos de 60 mil euros para pemes e autónomos afectados pola covid

O prazo de presentación de solicitudes será de dez días e abrirase unha vez se publique no BOPPO o extracto da convocatoria.
Redacción
enero 11, 2022

O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra publica hoxe as bases para a concesión de axudas económicas extraordinarias dirixidas a pequenas e medianas empresas (de ata dez empregados) e autónomos que visen afectada a súa actividade económica por mor da pandemia.

A convocatoria conta un orzamento que non chega nin aos 59 mil euros e que se financian coa liña 2 do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

O procedemento de outorgamento destas subvencións consistirá en dividir o importe do crédito global (58.939,65 €) entre os solicitantes que reúnan os requisitos establecidos nas bases, ata o esgotamento da partida orzamentaria, concedendo o mesmo importe a cada un dos beneficiarios.

Poden concorrer ás axudas persoas físicas e xurídicas que desenvolvan a súa actividade en Lalín, que se viran afectadas polo peche forzoso da seu establecemento por mor das medidas para conter a pandemia ou que sufriran unha minoración de facturación como mínimo dun 75% con relación o exercicio 2019, entre outros requisitos.

Entre os gastos subvencionables están os de aluguer, de electricidade, gas e teléfono, de persoal ou de seguros vinculados co exercicio da actividade económica. Todos estes gastos deberán estar vinculados ao local onde se desenvolva a actividade económica.

O prazo para a presentación de solicitudes será de dez días naturais a partir da publicación do extracto da convocatoria no BOPPO.

As bases completas, aquí: https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2022/01/11/2022000352

Novas relacionadas