Un ano máis señoritas e señoritos desempoan as súas mellores galas para o día máis importante do ano.
A Asociación Cultural O Naraxo convoca unha nova edición do Vermú das Señoritas.
Será o vindeiro sábado 18 de febreiro, a partir das 12.30 horas. O primeiro vermú do día caerá no Café Camilo.
Ademais, este ano haberá “para disfrute de pequeños y mayores”, photocall especial “para que todes levedes unha boa lembranza”.
Dende o Naranxo apunta tamén “o noso avogoso Santo Torrisco nos acompañará sobre (xa sabedes como vai isto) ás 13.30h para ofrecernos a súa bendición”.
E a partir de aquí… “libre albedrío!!!!”
Dado o gran número de xente que se vén xuntando e que complica a celebración dunha comida oficial, dende O Naranxo animan á hostalería “a que oferte pinchos, menus ou piscolabis especiais para esta xornada, e que todas poidades organizarvos para pasar o día na vila”.
Iso si, pídenlle aos locais que se animen a isto, que llo fagan saber para “dentro das nosas posibilidades, darvos a difusión necesaria”.
O Naranxo irá anunciando novidades para esta edición do Vermú das Señoritas a través das redes sociais.