José Canda e Laura Pérez, campións da XI Carreira do Cocido

Fernando Rodríguez recibiu o "Premio Especial Socio Honorífico 2021" como recoñecemento pola súa labor como directivo e pola súa colaboración continua e desinteresada.
Redacción
octubre 12, 2021

Celebrouse a XI edición de la Carreira do Cocido de Lalín, organizada polo Concello de Lalín, en colaboración con el Club Escola de Atletismo Deza. Máis de 60 voluntarios máis efectivos de Policía Local e Protección Civil encargáronse da cordinación dos diferentes tramos que compoñían as probas.

No podio masculino absoluto 10k o lalinense José Canda volveu a coroarse por terceiro ano consecutivo tras alcanzar la meta en 31:42, mentras que o tamén lalinense Ricardo Vázquez ocupou o terceiro escalón.

O segundo posto foi para Amadeo Sánchez do club “Cárnicas Serrano”. En canto ao cadro femenino, a carreira longa gañouna larga Laura Pérez do club San Miguel de Marín completando circuito 40:24 seguida moi de cerca pola atleta dezana Patricia Varela que cruzou a meta aos 40:41, mentres que o terceiro posto foi para Ana González do club Atletismo Lourenzá.

Respecto ao 5k o primeiro posto masculino foi para Albino Fernández García que chegou á meta cun tempo de 17:11, o segundo foi Jordi Silva e o terceiro Carlos Añon. Pola súa parte a atleta lalinense Lucía Peón corouse gañadora absoluta do 5k ao completar o circuito en 22:30, seguida de Marga Villaverde e Lorena Lorenzo, segundo e terceiro posto, respectivamente.

Os premios por equipos mixtos foron para Atletismo Arenteiro en ambas carreiras. E pola súa banda, os premios aos mellores atletas locais recaeron en Andrea Elizabeth Saavedra e Daniel Rodriguez.

En canto aos escolares o club celebrou a participación de boa parte dos seus atletas, entre eles os que lograron alcanzar podio foron: Beltrán Rivas (2° posto Sub12), Xabier Salgueiro (3° posto Sub12), Brétema Nuñez (2° posto sub14) e Eloísa Fernández (3° posto sub14).

Finalmente un de los atletas fundadores do club, o silledense Fernando Rodríguez recibiu o “Premio Especial Socio Honorífico 2021” como recoñecemento pola súa labor como directivo e pola súa colaboración continua e desinteresada.

O club agradece a Aspadeza a elaboración dos trofeos que se entregaron aos gañadores e tamén a Embutidos Lalinense e Avicultura Artesanal Pitagudín pola aportación nas diferentes categorías. Ao mesmo tempo, traslada os agradecementos ao Concello de Lalín por dar continuidade a esta proba e ao encargado da organización Hernán García, así como aos patrocinadores que apostaron pola mesma.

Novas relacionadas