O próximo sábado, 5 de febreiro, José Manuel Cangado cumpriría 39 anos. Case un ano despois do seu falecemento, pero con motivo do seu nacemento, a súa familia e amizades renderanlle unha emotiva homenaxe.
Será a partir das 16.00 horas e consistirá nun partido de fútbol no que participarán un combinado de xogadores dos equipos polos que pasou durante a súa traxectoria futbolística contra o equipo de veteranos Lalín 2001, o último equipo no que militou.
Segundo informa a familia nun comunicado, o acto homenaxe desenvolverase no estadio lalinense Manuel Ángel Cortizo e ao final do mesmo, “as persoas que o desexen poderán acompañar á súa familia ao cemiterio para compartir xuntos uns momentos máis de cariño”.