Velaquí unha estampa imprevista que nos deixa a pasada noite: a do regreso da neve a algúns puntos da comarca do Deza.
Non foi moito, unha folerpas que apenas chegaron a callar, pero que sorprenderon a moitos e que a esta hora nos deixan aínda ese lixeiro manto branco en zonas altas.
Neste caso, as imaxes corresponden ao Candán no límite entre os concellos de Silleda e Forcarei.