A recóndita aldea da parroquia de Zobra -que estivo vinculada en tempos ao mosteiro de Aciveiro- queda baleira tras a morte hoxe do seu único veciño, Antonio Dobarro Fuciños.
Antonio tiña 90 anos de idade e levaba preto de 15, dende o falecemento da súa muller, sendo a única persoa que habitaba este lugar.
Tal e como indicaban esta tarde dende Sendeiros do Candán, foi “unha persoa que sempre nos recibeu con amabilidade e coa que compartimos momentos moi agradables nas nosas visitas á sua casa”.
Que a terra lle sexa leve.