Ferido tras caer dende catro metros de altura en Vila de Cruces

Tivo que ser trasladado en helicóptero ao CHUS de Santiago.
Daniel Santalla
octubre 8, 2021

Un home resultou ferido de consideración despois de caer desde unha altura de catro metros na Cima de Aldea, en Vila de Cruces.

O 112 Galicia recibiu a alerta do suceso ás cinco e media a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou un helicóptero medicalizado para atender ao home ferido e no que foi evacuado ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

Para prestar apoio e colaborar co equipo médico desprazado na aeronave, desde o 112 Galicia púxose a situación en coñecemento da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Vila de Cruces e dos axentes da Garda Civil.

Novas relacionadas