Fast and furious en Lalín

Existe un problema de seguridade e de convivencia polos condutores temerarios?
César Carracedo
septiembre 27, 2021

A veciñanza do entorno do instituto Laxeiro, en #Lalín, está que bota fume polos ruídos e molestias ás que se ven sometidos algunhas noites das fins de semana.

Algúns apuntan que a zona case se ten convertido a determinadas horas nun circuito de exhibición de todo tipo de destrezas automobilísticas máis ou menos vistosas, pero realizadas en lugares inadecuados e molestas para moitos.

O que parece claro é que, ademais dos riscos que implican os diferentes exemplos de condución temeraria que levamos visto estes días, tamén empeza a haber un problema de convivencia.

Nas últimas horas recibimos outro vídeo. Foi gravado, segundo nos din, na medianoite deste sábado, “despois do golpe contra o muro” do que informabamos onte.

Nel, ademais da manobra, constátase o son estridente que teñen que por momentos aturar os habitantes da zona a esa hora.

Novas relacionadas