Estragan de madrugada parte da rampla de saída do Rali do Cocido

Os danos foron subsanados durante o día de hoxe. A organización agradece calquera dato sobre os posibles autores dos desperfectos.
César Carracedo
octubre 16, 2021

Os organizadores do Rali do Cocido – Staroil atopáronse esta mañá cunha desagradable sorpresa. A rampla montada na rúa dos Viños para a cerimonia de saída dos coches participantes na proba apareceu golpeada e dobrada nun dos seus laterais.

A montaxe desta estrutura desenvolveuse durante a xornada de onte e rematou xa pasada a medianoite. Foi, polo tanto, durante a madrugada cando se provocaron uns desperfectos que impedían o uso rampla en perfectas condicións de seguridade.

A situación obrigou a realizar esta mañá unha rápida reparación e acondicionamento para deixala de novo en óptimo estado de cara ao inicio da proba.

𝗗𝗲𝗻𝗱𝗲 𝗮 𝗼𝗿𝗴𝗮𝗻𝗶𝘇𝗮𝗰𝗶ó𝗻 𝗱𝗼 𝗥𝗮𝗹𝗶 𝗱𝗼 𝗖𝗼𝗰𝗶𝗱𝗼 𝗮𝗴𝗿𝗮𝗱𝗲𝗰𝗲𝗻 𝗰𝗮𝗹𝗾𝘂𝗲𝗿𝗮 𝗱𝗮𝘁𝗼 𝘀𝗼𝗯𝗿𝗲 𝗾𝘂𝗲𝗻 𝗽𝘂𝗶𝗱𝗲𝗿𝗮 𝘀𝗲𝗿 𝗼 𝗰𝗮𝘂𝘀𝗮𝗻𝘁𝗲 𝗼𝘂 𝗰𝗮𝘂𝘀𝗮𝗻𝘁𝗲𝘀 𝗱𝗼𝘀 𝗱𝗮𝗻𝗼𝘀.

Novas relacionadas