Dúas persoas resultaron feridas onte nun accidente fronto lateral producido á altura do cruce de Cumeiro no seu entronque coa saída do casco urbano de Vila de Cruces.
Resultaron implicados 2 vehículos, un audi A4, propiedade dun veciño de Carbia , e un Opel Zafira, propiedade dunha veciña de Larazo.
O Zafira que ía en dirección ao cruce do tanatorio, impactou contra o Audi que saía do casco urbano dirección Carbia.
No impacto resultaron feridos os ocupantes dos dous coches, unha muller de 48 anos cun forte golpe na zona cervical e no peito, e no outro vehículo un home de 79 anos cun traumatismo na fronte.
Ambos foron trasladados polo 061 ao Hospital Clínico de Santiago.