Derradeiro sorteo de “O Nadal de Lalín… mola”

Segundo a AED, a iniciativa contribuíu a mobilizar desde o pasado día 4 de decembro preto de 90.000 euros de ingresos entre os comercios asociados,
Redacción
enero 10, 2022

A Asociación de Empresari@s de Deza (AED) e o Centro Comercial Aberto (CCA) de Lalín realizaron hoxe o quinto e último sorteo da promoción “3 en liña” do Nadal, que contribuíu a mobilizar desde o pasado día 4 de decembro preto de 90.000 euros de ingresos entre os comercios asociados, xa que o buzón da AED recibiu en total 591 tarxetas con selos das tres compras dun mínimo de 50 euros.

Este quinto sorteo realizouse na Cafetería Rosaleda e as persoas que resultaron premiadas cos vales de compra de 250 euros para canxear nos 92 comercios asociados foron Olga Villanueva, Beatriz Sánchez, Silvia Gómez, María Teresa Paz, Flora Mato e María José Iglesias.

Segundo acreditan os selos das tarxetas premiadas, os comercios nos que realizaron as súas compras foron C&C Y oung Trend, Colorín Colorado, Cris Abad, G-Básico, It ́s Man Only, It ́s Only, Librería Álvarez, Moca, Strass, Varell Sport e Zapatería Martínez.

Novas relacionadas