Daniel Antelo, vivencias dun peregrino

Presenta esta semana en Lalín e Rodeiro o seu libro "De Saint Jean a Fisterra. Vivencias de un peregrino".
César Carracedo
octubre 5, 2021

Botouse a andar no ano 99 e dende aquela non parou. As súas pernas xa levan percorrido máis dunha ducia de veces o Camiño de Santiago.

As súas vivencias como peregrino recóllense no libro “De Saint Jean a Fisterra. Vivencias de un peregrino”, que presentará este xoves, ás 8 da tarde, no café Abastos de Lalín, e o venres, tamén ás 8, no pub Quirós de Rodeiro.

Coa súa venda, Antelo pretende agora financiar a súa próxima aventura: percorrer os 5.500 quilómetros de distancia que hai entre Xerusalén, Roma e Santiago. Un traxecto no que, ademais, cada paso que dea terá unha finalidade solidaria a favor da asociación Carabelo, de Lalín.

Nós, por desgraza, non imos poder acompañalo (xa nos gustaría). Pero o que si fixemos esta fin de semana foi achegarnos con el a Compostela, visitar a catedral e a tumba do Apóstolo e cruzar a Porta Santa.

Polo menos así xa temos algo avanzado na indulxencia plenaria, que boa falta nos fai…

Damas e cabaleiros, con vostedes… Daniel Antelo!

Novas relacionadas