CxL tacha de “cabezonería perigosa” a negativa de Crespo a peonalizar Principal e Loriga

Cren que toma esta decisión "por puro revanchismo político".
Redacción
enero 21, 2022

Compromiso por Lalín lamenta a “cabezonería perigosa” do goberno de Lalín con respecto ao futuro das rúas Principal e Lóriga-

Din que mentres “concellos irmáns como A Estrada, tamén gobernados polo PP, toman decisións valentes como a peonalización da súa arteria comercial principal, a rúa Calvo Sotelo, sendo unha aposta de futuro pola que A Estrada vai ir por diante de Lalín, única e exclusivamente por culpa das decisións partidistas de Crespo Iglesias”.

Compromiso cre que Crespo Iglesias toma esta decisión por “puro revanchismo político, cando el nos propios Plenos recoñece que “son o primeiro en querer peatonalizar”. Un proxecto no que “por decisión súa rebaixouse nas calidades, e que os coches deteriorarán, para seguir cun modelo de comercio que o tempo demostrou que non funciona en esas rúas”.

Do mesmo xeito, proseguen, “a prepotencia do goberno de Crespo fai que a promesas incumpridas que prexudican aos comerciantes, como a de ter a rúa lista antes da campaña de Nadal, agora acontece exactamente o mesmo coa de rebaixas, sen ter o máis mínimo xesto da alcaldía de dar explicacións aos afectados, exercendo de goberno de “ordeo e mando” tan típico da traxectoria de Crespo Iglesias”.

Dende CxL tamén se fan eco das “advertencias dos comerciantes da zona sobre o deterioro de moitas lousas con humidades e verdín, co medo de que vaia a máis, e a falta de comunicación sobre problemas coas tubaxes, ocultada presuntamente de xeito deliberado”.

Compromiso insiste na súa promesa de que “en caso de voltar ao goberno de Lalín, aumentaranse as contías en humanización de ambas rúas, e previa comunicación con veciños e comerciantes, pasará a ser de prioridade peonil, como o progreso está demostrando que é necesario, e que algunhas Vilas irmáns como Silleda ou A Estrada fan, mentres aquí as prioridades son “parques do cocido” de 200.000 euros, ou cocidos en Miami”.

Novas relacionadas

O PSOE cifra en 2,5 millóns as axudas directas do goberno central para o sector lácteo en Lalín

O PSOE cifra en 2,5 millóns as axudas directas do goberno central para o sector lácteo en Lalín

Alba Forno cualificou como “histórica para o sector” esta liña de apoio e subliñou a aposta decidida do goberno de Pedro Sánchez para articular respostas coas que facer fronte ao actual escenario de crise na agricultura e a gandaría. Fronte a isto, a secretaria xeral dos socialistas lalinenses denuncia “a parálise da Xunta” e lembra que “a día de hoxe non hai publicada no DOG ningunha medida a favor dos gandeiros”.