CxL, sobre o caso do exasesor: “É unha das maiores demostracións de caciquismo partidista da historia do PP”

Considera o feito "extremadamente grave, e con posibles consecuencias incluso no ámbito xudicial".
Redacción
octubre 10, 2021

Compromiso por Lalín considera “extremadamente grave, e con posibles consecuencias incluso no ámbito xudicial” a situación denunciada polo BNG na que un #exasesor do Concello “segue exercendo as súas funcións, sen ter ningunha competencia, utilizando vehículos públicos e dando indicacións a persoal municipal de obras”.

CxL explica que “na mañán do xoves pasado, concelleiros de Compromiso puideron ver ao mesmo exasesor acceder á primeira planta do Concello, acompañado de un aparexador de obras que están en marcha en #Lalín“.

Compromiso di que tamén lle “consta a súa presencia cando menos nas parroquias de Galegos e Erbo coa brigada de obras recentemente”. Ademais, “veciños trasládannos que ante peticións ao concelleiro do rural José Cuñarro, este presuntamente derivaba a chamada ao exasesor, asegurando que era el con quen tiñan que falar”.

Compromiso cre que “se se demostra que esta persoa en este momento está utilizando medios públicos sen competencia como se denuncia, mentres actúa como se fose un cargo público, estaríase en unha presunta situación de ilegalidade con potenciais consecuencias xurídicas a pouco que un so veciño denunciase esta situación”.

É unha cuestión que, en calquera caso, #CxL “descarta ao non querer xudicializar a vida pública”, aínda que están “convencidos que de pasar isto no pasado mandato, estaría actuando xa a policía xudicial, chamando a declarar polos feitos”.

“É unha das maiores demostracións de caciquismo partidista da historia do Partido Popular”, sentencia.

PREGUNTAS

Neste contexto, Compromiso esixe a Crespo Iglesias “respostas claras” as seguintes preguntas:

📍Pepe Iglesias dende o 1 de xuño de este ano segue sendo asesor do Concello?

📍Ten este exasesor (en caso de non ser xa asesor) salario do Partido Popular?

📍Está utilizado esta persoa vehículos rotulados do Concello (por tanto públicos)?

📍É legal que unha persoa a soldo de un partido político exerza como se tivese as competencias de un asesor?

Novas relacionadas