CxL afirma que “son innumerables as queixas que de xeito casi permanente estamos a recibir por distintos canles, tanto de usuarios, deportistas, como tamén de traballadores do Lalín Arena, e nas que se pon de manifiesto o pésimo nivel de funcionamento, a nula organización, e incluso as irregularidades e os abusos no ámbito laboral que se veñen producido na instalación deportiva dende o ano 2019”.
Co obxecto de dar resposta a “esta inquedanza” e poder aclarar cales foron e continuan a ser os motivos que propician “a caótica situación actual que se está producir”, Compromiso solicita de forma urxente ao grupo de goberno que se leve a cabo una auditoría externa mediante a cal se poidan sacar conclusións sobre aspectos fundamentais e os motivos que propiciaron que o complexo deportivo estea a vivir a todos os niveis o peor momento da súa historia.
Entenden que dada a situación actual, é obrigado poder evaluar dende unha perspectiva técnica aspectos fundamentais como o nivel dos servizos, os cursos, o organigrama de xestión, as actividades deportivas, os horarios, a xestión do persoal, os ingresos e os gastos.
“Como xa se intue que o grupo de goberno, especialmente o concelleiro Avelino Souto, non vai ter ningún tipo de interese en que se faga a análise en relación coa xestión que leva ao fronte do Lalín Arena (de producirse sería una agradable sorpresa), parecenos axeitado facela nós”, afirman.
Para iso solicitarán polo conducto oficial documentación diversa sobre cuestións básicas e moi concretas relacionadas co día a día da xestión do Lalín Arena.
Unha vez recabada a documentación requirida ao Concello de Lalín, “xunto con outra que nos achegan os propios interesados e ca que é pública”, procederemos conxuntamente con entidades especializadas na materia, a facer unha análise diagnose sobre o funcionamento do Lalín Arena. Tamén das posibles medidas correctoras necesarias para poder recuperar o nivel de funcionamento de anos anteriores co anterior goberno.
Documentación requirida:
– Organigrama técnico da instalación.
– Programación de actividades e servizos
– Horarios oficiais da instalación.
– Número total de traballadores.
– Número e identidad dos traballadores/as de cada servizo (persoal de monitor deportivo, persoal que de monitor-socorrista, persoal de limpeza, persoal de mantemento, persoal de recepción e control).
– Horarios de cada traballador/a e tipo de contrato. Funcións específicas de cada traballador/a dentro do servizo correspondente. Quendas.
– Número de persoas abonadas e cursillistas actuáis, desglosado por tipos.Número de persoas abonadas e cursillistas desglosado por tipo e mes dende xuño de 2019.
– Identidad da persoa ou persas que xestionan o Facebook do Lalín Arena, así como da queatende as queixas, reclamacións e suxerencias cos usuarios.
– Situación actual do contrato coa empresa que aporta traballadores/as nas actividades musicais dirixidas. Vixencia, cuantía, n° de horas, etc.
– Denuncias e reclamacións Inter postas por traballadores/as ao concello de Lalín nos últimos tres anos.
– As últimas 8 actas correspondentes á inspección da concellaria de sanidade no Lalín Arena.
– Número de baixas laborais de traballadores/as nos dous últimos anos, e cál foi o procedemento que se levou a cabo para cubrilas.
– Informe sobre os criterios técnicos que se tiveron en conta para asignar o pago deproductividades a determinados traballadores/as e non ao resto.
– Balance económico do Lalín Arena desglosado por conceptos (ingresos e gastos), dos anos 2019, 2020, 2021.