CxL evidencia que a Xunta “atopou serias carencias sanitarias” no Lalín Arena

Compromiso pedirá explicacións en Pleno a Avelino Souto por negar este aspecto e "faltar publicamente á verdade"
Redacción
marzo 11, 2022

Compromiso por Lalín accedeu, “non sen dificultades”, ás entradas por Rexistro do Concello do pasado 7 de Febreiro este mércores, a pesar de solicitar que fose posible antes do pasado Pleno.

“Tiñamos constancia”, din, “que o goberno mentía en canto aos informes de Sanidade do Lalín Arena, e tiñamos constancia que a Xefatura territorial da Consellería de Sanidade fixera requerimento de enmenda por deficiencias sanitarias, o cal negou publicamente o concelleiro Avelino Souto”.

Queda demostrado queda que Sanidade “atopou serias carencias sanitarias na infraestrutura, como lle constaba a Compromiso, e que Souto, ao que pediremos explicacións en Pleno, faltou publicamente á verdade”.

Tamén afirman que traballadores do Arena lles fan chegar que “hai presentadas denuncias contra o Concello dende o pasado 12 de Febreiro polas condicións laborais, tensión polas quendas, malos modos do Concelleiro con traballadores, e deficiencias varias, engadido ao malestar creado polos pagos “selectivos de produtividade””.

Ademais, denuncian “unha baixada espectacular de usuarios das instalacións, e polo tanto tamén de ingresos, e a situación das pistas de Paddle, cualifícanna de “ruinosa”, por pura desidia”.

“Curioso”, engaden, “é tamén comprobar como a Xunta pechou un día a instalación ao goberno anterior por faltar esa xornada un socorrista, mentres ao actual goberno, do mesmo signo político, permíteselle esa ausencia de socorrista, ou que na recepción estean persoas como as traballadoras da limpeza, facendo funcións que non lle corresponden, por orden política do concelleiro”.

O Goberno de Crespo “estivo negando esta información, e ademáis remitíunos a 3 meses para acceder a documentación máis concreta socicitada pola nosa formación, na que temos claro que deixará evidente o caos de xestión de Souto, e a ocultación consciente da situación”.

Novas relacionadas